Concurso Postais de Nadal

Concurso Postais de Nadal
Ler máis

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

A semana pasada celebramos no colexio o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Entre outras actividades, o alumnado de primeiro e segundo de primaria elaborou unha caravana de circo que contiña e representaba cada un dos dereitos da infancia. As fotografías podedes velas na seguinte ligazón: Galería de imaxes

Ler máis

Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o noso colexio únese ao minuto de silencio como lembranza e homenaxe a todas as vítimas de violencia de xénero e mostra de repulsa ante un  problema estrutural,  que nos involucra a toda a sociedade

Ler máis

Excursión á Casa do Mel

A Casa do Mel, atópase en Goente, As Pontes, na comarca do Eume. É un espazo educativo mantido por unha asociación de apicultores que entre os seus obxectivos ten a divulgación e a sensibilización co mundo das abellas. Con esta intención acudimos o alumnado de primeiro e segundo de primaria, cheos de gañas de coñecer a apicultura e todo o que ten que ver coas […]

Ler máis

Samaín e Magosto 2022

Samaín e Magosto 2022

Onte celebramos o Samaín. Como ven sendo habitual fixemos coincidir esta celebración cun magosto, e xa que este curso temos como proxecto de centro o circo, engadimos unha terrorífica función circense. O alumnado de secundaria asombrou e tamén asustou un pouco aos de Infantil e Primaria que como público entusiasta asistiu a este espectáculo. Como sempre deixámosvos a seguinte galerías e imaxes: Galería de imaxes […]

Ler máis

Apadriñamento lector 2022

Unha das actividades que máis están a gustar das organizadas pola biblioteca é o “Apadriñamento lector”. Orientada cara a promoción da lectura e a consolidación de hábitos lectores, o maiores lenlles aos máis pequenos, aconséllanlles e guíanos para gozar dos libros. Esta semana comezaron as primeiras sesión nas que o padriños coñeceron aos seu apadriñados e mantiveron as primeiras lecturas compartidas. Na seguinte galería de […]

Ler máis

Excursión a ECOescola As Campeiras

Este venres pasado o alumnado de primeiro e segundo de Primaria fixemos a primeira excursión deste curso. O lugar elixido foi a ECOescola As Campeiras, no Concello das Pontes. A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxee da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos. Alí aprendemos, participamos, vimos, xogamos e pensamos sobre a […]

Ler máis

La libreta de Charlie, unha novela de Clara Ventura

Clara Ventura, exalumna do centro da promoción do 2019, acaba de publicar o seu primeiro libro. Con só 19 años publica na editorial Autografía a novela de misterio e suspense: La libreta de Charlie. Deixamos a ligazón na que se pode ler máis información: La libreta de Charlie

Ler máis

Andaina dos maiores de Primaria

Andaina dos maiores de Primaria

O alumnado de cuarto e quinto de Educación Primaria fixo unha andaina pola contorna. Deixamos aquí unha ligazón coas imaxes: Galería de imaxes

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad