Celebracións fin de trimestre
A pesar de ter que cancelar unha boa parte dos espectáculos programados para este fin de trimestre, puidemos despedir este ano cunha intensa axenda de eventos e celebracións.
Comezamos a semana co concurso de decoración das portas das aulas, nas que primaba a orixinalidade, o uso de materiais reutilizados ou de reciclaxe, e a relación co proxecto de centro deste ano: O Circo.
Non foi o único concurso no que participamos, a redacción de contos de inverno contou coa participación dunha boa parte do noso alumnado. Acadando tamén, segundo a opinión do xurado, unha grande calidade técnica e creativa.
Tamén contamos coa visita das Súas Maxestades, que fixeron un oco nas súa axenda para visitarnos, recoller as cartas e entregar algúns agasallos ao alumnado máis pequeno. Dende o colexio queremos agradecer a ANPA o esforzo que fixo, xa que foron eles os que contactaron e prepararon todo para que os Reis Magos de Oriente puidesen pasar pola Jorge Juan.
Xa cara ao final da semana puidemos, por primeira vez dende o comezo da pandemia, contar coa asistencia das familias como público nos festivais de Infantil (o día 21 de decembro) e de de Primaria (día 20 de decembro).
Pero non só foron estes eventos formais os únicos que axudaron a crear o ambiente alegre para despedir este trimestre. Nas aulas elaboráronse adornos, fixéronse merendas e pequenas festas.
De todo isto tal e como acostumamos facer deixamos as correspondente galerías de imaxes e vídeos:
Galería de imaxes: O Gran Circo Jorge Juan (20 de decembro de 2022)