Vídeo explicativo da colaboración entre o colexio e Save the Children. Elaboración e venda de marcapáxinas solidarios polo almnado de primeiro, terceriro e quinto de primaria.
Vídeo explicativo da colaboración entre o colexio e Save the Children. Elaboración e venda de marcapáxinas solidarios polo almnado de primeiro, terceriro e quinto de primaria.
O alumnado de primaria tivo unha semana moi deportiva. Puidemos participar una ano máis nas xornadas de Atletismo Divertido que organiza o Concello de Fene. As diferentes probas tentan ensinar algunhas das modalidades dos atletismo, pero dun xeitos lúdico, restando peso ao aspecto competitivo e resaltando a parte divertida. Acudimos xunto aos outros colexios do concello en diferentes días. Aquí deixamos as fotografías de cada […]
Os cursos de primeiro e segundo de primaria participaron nunha experiencia para coñecer o Porto da Coruña e o funcionamento da súa lonxa. Consistiu nunha visita guiada na que puidemos ver os peiraos, guindastres, barcos e mercadorías, así como facernos unha idea do dinamismo que teñen os lugares como este. Adicámoslle unha boa parte do tempo á lonxa, vimos o grandes que son as súas […]
Hoxe, no noso colexio tivemos o honor de recibir á coñecida autora de libros infantís e xuvenís Mónica Rodríguez. A escritora achegouse ao noso alumnado a través de anécdotas da súa vida que teñen que ver cos libros que escribiu. Os alumnos e alumnas de 6º de EP exerceron de xornalistas realizando preguntas sobre as súas obras literarias (“La última función” e “Alma y la […]
A Anpa continua con novas achegas para o cole. Nesta ocasión a intención e facer gozar ao noso alumnado con: mini canasta de baloncesto, churros, redes de canasta, plumas de bádminton. E a xogar!!!
Rematada con grande éxito e interese a Exposición: O Circo, deixamos aquí o enlace á galería de imaxes con algunha fotografías do evento. Galería de imaxes
Onte recibimos a visita das xogadoras do BAXI Ferrol Julieta Mungo, Andrea Boquete e Patri Cabrera Argüello. Compartiron as súas experiencias no mundo do baloncesto profesional e xogaron un partido co alumnado de 5º e 6º de EP de 1º e 2º de ESO. Máis fotografías da xornada (no Facebook do colexio)
Hoxe a ANPA colabora con nós instalándonos unha fabulosa pantalla de cine no salón de actos. Un agasallo froito da colaboración coa biblioteca do colexio. Moitas grazas.
Entre as actividades prevista na exposición: Gran Circo Jorge Juan, que está aberta no Museo do Humor de Fene, están programadas dúas proxeccións de cine. O mércores, 1 de marzo, ás 17:00: Dumbo Venres, 3 de marzo, ás 18:00: Madagascar 3