Torneo de Basket 3×3.

Ao longo do mes de abril, maio e principios de xuño, un grupo de alumnos de 1º de ESO, organizan un Torneo de Basket 3×3, que se desenvolverá no horario do recreo dos alumnos da ESO. Poderá participar calquera equipo de Educación Secundaria. Para máis información podedes consultar as normas e bases no seguinte enlace: Bases e normas do Torneo.

Ler máis

A ESO participa nun Concurso de Robótica.

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a “I edición da Competición de Robots” en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidad de Vigo. O obxectivo fundamental deste concurso é amosar a universidade ós alumnos das Ensinanzas Secundarias e Bacharelato ademáis de promocionar as titulacións da EEI e fomentar o interés dos alumnos […]

Ler máis

“Cine e Saúde” no noso Colexio.

No marco do programa Cine e Saúde que promove o Concello de Fene, a través da Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación que dirixe Juana Barro, escolares do colexio Jorge Juan asistiron onte ao pase da película “El camino de vuelta” no que se dá conta da autoestima como factor de protección fronte ao consumo. O cine é o fío conductor deste programa de […]

Ler máis

4º ESO visita a EXPONAV.

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, visitaron o día 5 de Marzo; EXPONAV, o Museo da Construcción Naval, situado en Herrerías en Ferrol, onde ademais participaron nun taller de nudos mariñeiros. Posteriormente, trasladáronse ao Cuartel de Nuestra Señora de los Dolores, sede do Tercio Norte, onde asistiron a unha bonita demostración da Unidade Canina, visitaron a súa Sala de Armas e a única porta que […]

Ler máis

1º Ciclo de Educación Primaria en Aquaciencia.

Os nenos e nenas gozaron dunha soleada mañá no Xardín Didáctico de Aquaciencia. De xeito ameno e atractivo, os alumnos/as pasearon polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubriron a auga, a súa utilidade, enerxía e os seus principios dinámicos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Xornada de Portas Abertas.

O centro realizará unha xornada de “Portas Abertas” orientada  a informar e resolver dúbidas ás familias, que estén interesadas no noso Centro,  no tocante a: Infraestruturas, proxecto educativo, horarios, actividades, metodoloxías, servizos, … Venres 13 de marzo ás 18:00 horas na biblioteca do centro. Non dubidedes en vir. Esperámosvos!!!!!

Ler máis

Colaboramos con Global Humanitaria.

Estimados pais/nais/titores: Dende o Centro e dando continuidade o noso proxecto de solidariedade ,colaboraremos coa ONG Global Humanitaria nunha campaña de recollida de roupa e calzado usado. A  tal efecto, dende o centro escolar poñemos a vosa disposición unhas bolsas específicas facilitadas pola ONG para que aquelas familias que o desexedes,  poidades participar sen ningún tipo de compromiso engadido. A s datas de devolución destas […]

Ler máis

Exames 2ª Avaliación de ESO.

Aquí vos deixamos o enlace cos exames correspondentes á segunda avaliación para Educación Secundaria. Picar aquí.

Ler máis

Celebración do Día Mundial das Enfermidades Raras.

A Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) lanza de xeito oficial a Campaña polo Día Mundial das Enfermidades Raras baixo a mensaxe “Hai un xesto que o cambia todo”. Pero FEDER non o fai só. Para lograr que esta mensaxe alcance o seu máximo impacto conta con embaixadores de excepción. En concreto, Iñaki Gabilondo, Anne Igartiburu, Eduardo Punset e Sergi Arola únense a esta Campaña […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad