“Cine e Saúde” no noso Colexio.

No marco do programa Cine e Saúde que promove o Concello de Fene, a través da Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación que dirixe Juana Barro, escolares do colexio Jorge Juan asistiron onte ao pase da película “El camino de vuelta” no que se dá conta da autoestima como factor de protección fronte ao consumo. O cine é o fío conductor deste programa de prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos no eido escolar.

“Cine e Saúde” é un programa respaldado pola Consellería de Sanidade que parte de que a intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezanpatróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. A través do mesmo, os centros escolares reciben asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o Cinema. Así, mediante a proxección dunha película se vai profundizando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.