4º ESO visita a EXPONAV.
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, visitaron o día 5 de Marzo; EXPONAV, o Museo da Construcción Naval, situado en Herrerías en Ferrol, onde ademais participaron nun taller de nudos mariñeiros.
Posteriormente, trasladáronse ao Cuartel de Nuestra Señora de los Dolores, sede do Tercio Norte, onde asistiron a unha bonita demostración da Unidade Canina, visitaron a súa Sala de Armas e a única porta que todavía queda das antigas murallas de Ferrol, Fontelonga.
Esta visita completarase, con outra programada para finais de maio, ao Arsenal Militar de Ferrol e ao Museo Naval. Os alumnos e alumnas elaborarán unha presentación de Powerpoint sobre ambas saídas.