FELICES VACACIÓNS

FELICES VACACIÓNS

Hoxe remata o curso escolar, non pudiemos despedirvos como vos merecedes, pero deixámosvos un anaco da nosa alegría e agradecemento por estar aí e confiar en nós. Moi felices vacacións e feliz verán!!! Vémonos pronto!!!

Ler máis

Día das Letras Galegas 2020

Día das Letras Galegas 2020

Este 17 de maio está adicado a Ricardo Carvalho Calero, estudioso e defensor da lingua galega. Quixemos facer un pequeno homenaxe a nosa lingua, recordando algunhas das nosas palabras favoritas e compartilas con todos vos. https://drive.google.com/open?id=1_vLkldb71AilCFZspXbObUsQ-WFHd0_d

Ler máis

Que é a paz?

Que é a paz?

Durante esta semana coincidindo coa celebración do Día da Paz e Non Violencia, quixemos representar diferentes situacións que relacionamos cos valores da paz. Así poderedes ver algúns cortos nos que o diáologo, a negociación, a escoita dos demais, os conflictos, a axuda aos demais e as discusións que suceden no día a día no noso cole axúdannos para reflexionar e valorar o que temos ao […]

Ler máis

Apadriñamento Lector no Día da Infancia

Apadriñamento Lector no Día da Infancia

Onte 20 de Novembro, quixemos conmemorar a Celebración dos Dereitos da Infancia realizando a presentación dos padriños e madriñas lectores cos seus afillados e afilladas. Xuntos, reflexionamos sobre a importancia dos dereitos e deberes que permiten aos nenos e nenas vivir e convivir con libertade e felicidade, dándolles responsabilidades a uns e certo grado de protección a outros. Coa intención de que desta relación lectora […]

Ler máis

24 de outubro, Día da Biblioteca

“Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, […]

Ler máis

BiblioTortu: novo horario.

Dende esta semana, ademais de visitar a BiblioTortu durante os recreos, tamén podedes achegarvos a nosa biblioteca en horario de tardes; os luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00h. Podedes acceder pola porta de acceso dende o patio (xunto ao salón de actos). Achegádevos a consultar información, ler, estudar, consultar a nosa colección de narrativa, levar prestados e devolver libros, e desfrutar dun espazo […]

Ler máis

Radio Filispim en BiblioTortu

Onte en Bibliotortu vivimos unha xornada moi interesante, puidemos desfrutar da realización e gravación dun programa de radio en directo. O equipo do programa Filispim Vai!! (A radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos) montou o seu estudo de gravación na nosa biblioteca. E por alí pasaron alumnos, alumnas e mestres para falar de todas as nosas actividades, proxectos e demostracións: falamos da biblio, […]

Ler máis

Xa está aquí a Primeira Edición de Tortu News

Xa podemos desfrutar en todas as clases do cole da Primeira Edición de Tortu News, que coa participación e colaboración de todo o noso alumnado e profesorado puidemos xa publicar. Nela poderedes atopar diferentes artigos, entrevistas e opinións que neste segundo trimestre foron elaborando as diferentes clases. Deixamos aquí a versión on line, para que tamén podades desfrutar dela, esperando xa as próximas edicións. https://www.flipsnack.com/cprjorgejuan/revista-tortu-news.html

Ler máis

23 de Abril, Día do Libro

Estes días en BiblioTortu, estivemos a ler para celebrar o día do libro dun xeito diferente. Os maiores leron aos pequenos, nomeando así padriños e madriñas lectores. O alumnado de Secundaria apadrinou ao alumnado de Educación Infantil, e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, apadrinou ao alumnado de 1º, 2º e 3º. Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad