Radio Filispim en BiblioTortu

Onte en Bibliotortu vivimos unha xornada moi interesante, puidemos desfrutar da realización e gravación dun programa de radio en directo.

Alumnado de Secundaria falando do Programa Correspondentes

O equipo do programa Filispim Vai!! (A radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos) montou o seu estudo de gravación na nosa biblioteca. E por alí pasaron alumnos, alumnas e mestres para falar de todas as nosas actividades, proxectos e demostracións: falamos da biblio, do proxecto de centro, dos nosos programas Correspondentes, TEI, Robótica, Plurilingüismo,… e tamén cantamos e recitamos.

O programa emitirase o próximo sábado 15 de Xuño ás 19:00h en Radio Filispim Escoita, 93.9 FM. Dar as grazas a todo o equipo de Radio Filispim e ao alumnado e profesorado que participou no programa e fixo posible a súa realización.

Actuación de Monicreques

Estade atentos e atentas ás ondas, pasaredes un bo momento escoitando todo o que ten que dicir o noso cole.

Galería de Imaxes