Apadriñamento Lector no Día da Infancia
Onte 20 de Novembro, quixemos conmemorar a Celebración dos Dereitos da Infancia realizando a presentación dos padriños e madriñas lectores cos seus afillados e afilladas.
Xuntos, reflexionamos sobre a importancia dos dereitos e deberes que permiten aos nenos e nenas vivir e convivir con libertade e felicidade, dándolles responsabilidades a uns e certo grado de protección a outros. Coa intención de que desta relación lectora poida xurdir algo mais que o disfrute coa lectura, tamén confianza nos demais e seguridade en sí mesmos.
Deixámosvos algunhas imaxes desta actividade, que esperamos repetir en mais ocasións ao longo do curso.