Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

O noso colexio


O colexio Jorge Juan forma persoas, preparándoas para desenvolver a súa vida no mundo actual. Entendemos a educación como un medio para acadar o ben e o benestar, tarefa que aceptamos e compartimos coa sociedade e coas familias.



NADAL 2023




Últimos artigos

Sementeiros

Sementeiros

O alumnado de Educación Infantil e Primaria xa ten feitos os seus sementeiros. A actividade enmárcase no proxecto Voz Natura e no proxecto de centro: O bosque animado. Está encamiñada a concienciar e sensibilizar sobre o coidado do medio, e as nosas posibilidades para melloralo. Se queres ver o vídeo da súa elaboración e outros doutras actividades accede á nosa canle en instragram.

Ler máis
Visita ao Centro de Interpretación do Caldoval

Visita ao Centro de Interpretación do Caldoval

Xs nenxs de Educación Infantil visitaron o Centro de Interpretación de Caldoval onde descubriron moitas cousas sobre a vida dos romanos. Aprenderon, disfrutaron e xa teñen moito interese por investigar.🔎 Velaí os deixamos algunas fotiños da visita. Galería de imaxes

Ler máis
Olivia Allegue, alumna do colexio, gaña o Concurso de Fotografía “Porto e Cidade”

Olivia Allegue, alumna do colexio, gaña o Concurso de Fotografía “Porto e Cidade”

Hoxe recibimos a nova de que Olivia Allegue, alumna de 6° de primaria do colexio, foi a gañadora do IV Concurso de Fotografía “Porto e Cidade” organizado pola Autoridade Portuaria de Ferrol. Na entrevista en CT podedes escoitar a Olivia falando do seu premio.Noraboa Olivia!! Entrevista a Olivia

Ler máis

Páxinas destacadas

Quen somos

Somos un centro de ensinanza concertada sostido con fondos públicos e sen vinculacións relixiosas e políticas, centrado en fomentar a integración e a pluralidade.

Modelo Educativo

O noso proxecto educativo é integral, atende aos contidos específicos de cada área de coñecemento así como os aspectos fundamentais da convivencia: democracia, tolerancia, respecto, solidariedade…

Historia do colexio

O colexio Jorge Juan de Fene abre as súas portas no curso 1968-1969, cubrindo a etapa de E.G.B. e Bacharelato.
En 1985 convértese en centro concertado e en 1987 transfórmase nunha cooperativa de ensino.

Contacto

Telefono: 981 340 109 Enderezo: Avenida do Tarrío, 78, 15500 Fene (A Coruña) Email: cpr.jorge.juan@edu.xunta.es

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad