Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 9
Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 9
Na web de Radio Fusión atoparedes o seguinte texto, explicando a entrevista que lle fixeron á directora do noso colexio en Radio Fene: O bosque animado Os colexios abren a súa pre inscrición do 1 ao 20 de marzo. Como preparación, a Jorge Juan de Perlío organiza xornadas de portas abertas para o venres 23 de febreiro e para o venres 8 de marzo. Os […]
O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames da 2ª avaliación nesta ligazón.
A partir do 1 de marzo, abrirase o prazo de matriculación na Escolas Infantil Jorge Juan. Este período permanecerá aberto ata que se cubran todas as prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de inscrición.
O pasado 15 de febreiro celebrouse o Día Internacional de Loita contra o Cancro Infantil, unha xornada de concienciación e apoio á infancia e adolescentes con cancro. No Colexio Jorge Juan de Perlío, queriamos facer a nosa parte para sensibilizar sobre a importancia desta enfermidade e a necesidade de avanzar na súa cura. Neste sentido, colaboramos coa Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, […]
Fai poucos días publicamos nesta web a nova sobre a celebración do desfile de Entroido. Pero aqueles que coñecedes ben o colexio sabedes que a celebración do Entroido na Jorge Juan vai máis alá, e ten outros moitos momentos memorables. Antes desta xornada tivemos que cumprir os mandatos do Meco, deseñar e confeccionar os disfraces, preparar e ensaiar os desfiles e os bailes, e tamén, […]
O Entroido é unha das celebracións máis esperadas e alegres do ano, e hoxe, 9 de febreiro, o Colexio Jorge Juan non foi unha excepción. O alumnado e profesorado de todas as etapas, desde a Escola Infantil ata a Educación Secundaria, reunímonos para celebrar esta festa tan especial organizando un desfile de Entroido que encheu de cor e alegría as instalacións do noso centro. Cada […]
Celebración do Día da Paz no Colexio Jorge Juan de Perlío: Fomentando a Tolerancia e a Solidariedade Como cada 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan encheu o seu patio de esperanza, solidariedade e compromiso coa celebración do Día da Paz. Neste día tan especial, unimos forzas para lembrar a orixe e o significado profundo desta xornada que nos convida a reflexionar sobre o valor […]