O pasado 30 de xaneiro, o alumnado da Jorge Juan de Perlío celebrou o Día Escolar da Paz e a Non Violencia cun emotivo acto no que participou o alumnado de Educación Infantil, Primaria e da ESO.
O pasado 30 de xaneiro, o alumnado da Jorge Juan de Perlío celebrou o Día Escolar da Paz e a Non Violencia cun emotivo acto no que participou o alumnado de Educación Infantil, Primaria e da ESO.
Se desexas coñecernos máis de preto, descubrir o noso proxecto educativo, visitar as nosas instalacións ou resolver calquera dúbida sobre a educación do teu fillo/a, invitámoste a participar na nosa Xornada de Portas Abertas: Venres 21 de febreiro, ás 16:00Venres 7 de marzo, ás 16:00 É recomendable solicitar cita previa no teléfono do colexio: 981 34 01 09.
Durante a última semana, no CPR Jorge Juan de Perlío, realizamos unha campaña de recollida de alimentos e material para apoiar ás persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Grazas á solidariedade de toda a comunidade educativa, fomos recollendo e clasificando doazóns, como auga, alimentos non perecedoiros, mantas, sacos de durmir, produtos para bebés e ferramentas básicas. Todo o material recollido saiu hoxe con destiono […]
Dentro das actividades para familias que se están a realizar na biblioteca do colexio en colaboración coa ANPA, o vindeiro xoves día 7 de novembro poderedes participar na charla “Traballando a comunicación: Acoso escolar e ferramentas para a súa detección”. Esta charla terá lugar na biblioteca ás 16:30 horas e estará a cargo da Asociación Afa Ferrol. Por motivos de organización podedes confirmar a vosa […]
Entre as actividades organizadas pola biblioteca, o “Apadriñamento Lector” destaca por unir a diferentes idades co obxectivo de fomentar a lectura e consolidar hábitos lectores. Nesta actividade, o alumnado maior convértese en padriño ou madriña lectora, lendo en voz alta aos compañeiros máis novos, recomendándolles lecturas e guiándoos no descubrimento de novas historias. Esta semana realizáronse as primeiras sesións, onde cada padriño coñeceu ao seu […]
Chega o verán e con el remata un novo curso escolar. O pasado venres, 14 de xullo, foi día escollido para a Festa de Fin de Curso que organiza a ANPA. Despois de gozar da festa, queremos expresar o noso agradecemento á ANPA polo esforzo e dedicación para facer deste día un evento tan especial. E agradecer tamén a todos os que participaron e fixeron […]
Onte, 5 de xuño, no Colexio Jorge Juan de Perlío conmemoramos o Día do Medio Ambiente cunha xornada especial de sensibilización e acción medioambiental. O obxectivo desta celebración foi concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de coidar e protexer o noso entorno natural, promovendo accións concretas que contribúan a preservar o medio. Nas xornadas previas, estivemos traballando arreo no noso horto escolar, preparándoo e […]