Se desexas coñecernos máis de preto, descubrir o noso proxecto educativo, visitar as nosas instalacións ou resolver calquera dúbida sobre a educación do teu fillo/a, invitámoste a participar na nosa Xornada de Portas Abertas: Venres 20 de febreiro, ás 16:00Venres 6 de marzo, ás 16:00 É recomendable solicitar cita previa no teléfono do colexio: 981 34 01 09.
Na semana previa ás vacacións de Nadal, o noso colexio viviu uns días moi especiais cheos de actividades coas que despedimos o primeiro trimestre e demos a benvida a estas datas tan sinaladas. Alumnado, profesorado e familias compartimos momentos de convivencia, ilusión e aprendizaxe que quedarán no recordo de todos. Entre as actividades realizadas, destacaron varias saídas e excursións. O alumnado de segundo de Secundaria […]
O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro, unha data pensada para poñer en valor a lectura como ferramenta de aprendizaxe, imaxinación e liberdade. A escolla deste día non é casual: coincide co falecemento de dous grandes nomes da literatura universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare, en 1616. Esta coincidencia simbólica serviulle á UNESCO para proclamalo como unha […]
O pasado 6 de marzo, o Colexio Jorge Juan de Perlío deu por rematadas as celebracións do entroido cunha xornada chea de diversión. O alumnado participou na festa vestíndose cos seus disfraces máis creativos. A mañá comezou coa chegada ao colexio xa disfrazados, continuou cunha rica chocolatada, antes de pasar ao concurso de disfraces e a tradicional queima do Meco, que, como cada ano, trouxo […]
Chegan os días de Entroido e, con eles, os mandatos do Meco. Esta tradición invita a toda a comunidade escolar a seguir as ordes do Meco, personaxe clave do Entroido galego. Cada día, un novo mandato marcará a actividade ou tarefa que toca traer ou facer. Terceiro mandato do Meco para cumprir este mércores: Segundo mandato do Meco para cumprir o martes: Presentámosvos o primeiro […]
Os colexios abren a súa preinscrición do 1 ao 20 de marzo. Como é habitual por estas datas, o colexio Jorge Juan de Perlío organiza as súas xornadas de portas abertas. A directora, Ascen Bravo, estivo recentemente en Radio Fene para falar sobre o centro. Este ano, o proxecto de centro céntrase nos hábitos de vida saudables, un tema que se traballa en todas as […]
A semana pasada tivemos o pracer de recibir no noso colexio a Álvaro Rey, especialista en actividade física e saúde. Durante a súa visita, levou a cabo charlas adaptadas a todos os niveis de Educación Primaria e Secundaria, tendo en conta as necesidades e características específicas de cada grupo de idade. Esta actividade enmárcase no Proxecto de Centro deste ano: A Educación para a Saúde. […]
O venres pasado, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria tivo a oportunidade de coñecer as instalacións e o funcionamento do Aeroporto da Coruña. Durante a visita, tivemos a ocasión de descubrir moitos aspectos interesantes. Un dos momentos máis sorprendentes foi aprender sobre os falcóns e o seu papel no aeroporto. Tamén subimos ao helicóptero de Salvamento Marítimo, quedando impresionados polo seu tamaño e […]