Entroido 2018: “OS 50 DA JORGE”

Xa chega a festa máis divertida do ano, e con ela a música e os bailes. Estamos a preparar un gran desfile para celebralo que terá lugar o Venres 9 de Febreiro no noso colexio. Quedades todos convidados e convidadas para gozar dos disfraces e as actuacións que temos preparadas. Comezará as 11:00 h. da mañá, ás 10:45h. abrirase o portal para acceder ao colexio. […]

Ler máis

O noso Colexio nas Redes Sociais.

Informamos a todalas familias que xa contamos co noso espazo nas redes sociais, onde nos poderedes seguir e donde tentaremos achegar todas as novidades, actividades,notificacións saídas, excursións,…. que vaimos facendo ao longo do curso escolar. Animámosvos a que nos busquedes no facebook Cpr Jorge Juan Perlio Fene e vos unades ao grupo. Anímate!!!!

Ler máis

Comezo “Programa Perros e Letras”.

O programa estadounidense R.E.A.D. , coñecida en España como Perros y Letras, é unha terapia orientada a mellorar as habilidades de lectura n@s nen@s. Chega a nosa comarca coa implantación no Jorge Juan, apostando por terapias novedosas na contorna. O programa, con 20 anos de experiencias e logros en diferentes países europeos, desenvolverase no centro durante o segundo e terceiro trimestre con nen@s de Primaria […]

Ler máis

Prestación Económica por Fillo/a menor de 3 anos ano 2018.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2018. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. Deberá cumprir unha serie de requisitos que se poden ver nos seguintes enlaces. […]

Ler máis

Axuda Bono Coidado.

Informamos do programa de axudas “Bono Coidado”, trátase dunha achega económica ás familias para contribuir ao pagamento de servizos de atención a domicilio de nenas e nenos menores de 12 anos en supostos puntuais. Prazo de solicitude ata o 30 de Abril de 2018. Para máis información picar aquí. Solicitude.

Ler máis

Campaña de Neve da Deputación 2018.

Comunicar que o Concello de Fene vai participar na “Campaña de  Inverno 2018” organizada pola Deputación da Coruña na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) e destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos  2003, 2004, 2005, 2006 e 2007. A quenda que lle corresponde aos rapaces e rapazas do Concello de Fene é a terceira: do 23 ao 26 de febreiro de 2018. Os participantes  disfrutarán […]

Ler máis

Comezo do Programa Aliméntate Ben.

O Cpr Plurilíngüe Jorge Juan inicia hoxe o reparto de froita fresca e leite do Programa Aliméntate ben. Dende o  Cpr Plurilíngüe Jorge Juan somos conscientes, de  que o noso apresurado ritmo de vida, é moi difícil desenvolver unha alimentación sana e variada; por iso e baixo o abeiro do FOGGA, este curso participamos no reparto de froita fresca e leite durante os recreos para […]

Ler máis

Bo Nadal e Próspero 2018.

O CPR Plurilingüe Jorge Juan de Perlio quere desexarvos unhas felices festas e un prospero 2018. Que este novo ano sexa un ano cheo de ilusións e obxectivos cumpridos para todos e todas. Unha forte aperta e BO NADAL!!!!  

Ler máis

Axuda Investimento Escola Infantil.

Informamos que á  Escola Innfantil Jorge Juan se lle concedeu unha axuda de Investimento da Consellería de Política Social, coa que se realizará un pintado da aula de 2-3 anos e a colocación de tarima no chan da aula de 1-2 anos.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad