Entroido 2018: “OS 50 DA JORGE”

Xa chega a festa máis divertida do ano, e con ela a música e os bailes.

Estamos a preparar un gran desfile para celebralo que terá lugar o Venres 9 de Febreiro no noso colexio. Quedades todos convidados e convidadas para gozar dos disfraces e as actuacións que temos preparadas.

Comezará as 11:00 h. da mañá, ás 10:45h. abrirase o portal para acceder ao colexio. Participaremos todas as etapas educativas, infantil, primaria e secundaria. Abrirá o desfile a charanga dos alumnos e alumnas de Secundaria para logo continuar cos de infantil e primaria, pechando o desfile outro grupo de alumnos e alumnas de secundaria.

Ao remate do desfile os alumnos e alumnas regresarán as súas aulas e gozarán dunha merecida merenda típica destas datas e menearán as súas cadeiras a ritmo da música do momento.

Duración aproximada do desfile 45-60 minutos, despois pecháranse as portas para que as familias saian, e os nenos e nenas disfruten libremente dun merecido descanso, baile e festa.

Animádevos e vide disfrutar con nos!!!!!!