Campaña de Neve da Deputación 2018.

Comunicar que o Concello de Fene vai participar na “Campaña de  Inverno 2018” organizada pola Deputación da Coruña na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) e destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos  2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

A quenda que lle corresponde aos rapaces e rapazas do Concello de Fene é a terceira: do 23 ao 26 de febreiro de 2018.

Os participantes  disfrutarán de catro días na estación invernal,  cun paquete completo de actividades, cursiños de esquí, aloxamento e manutención no complexo de Manzaneda. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola mañán e a saída o luns, despois de xantar.

A Deputación responsabilizarase  do transporte de todos os participantes dende os puntos  de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 € (oitenta e cinco euros). 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais de Cultura e Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). A data límite para realizar esta preinscrición é o 16 de xaneiro de 2018.

O Concello de Fene ten adxudicadas 8 prazas, polo que no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas realizarase un sorteo público no salón  de Plenos do Concello ante a secretaria  de Concello para adxudicalas.

TERÁN PREFERENCIA OS/AS RAPACES/ZAS QUE NON FORAN A NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN.