Enlace á web da Consellería de Educación
Enlace á web da Consellería de Educación
Comunicamos que este centro permanecerá pechado a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, segundo está a comunicar o Presidente da Xunta nos medios de comunicación. Asemade e aínda que o centro permanecerá aberto maña venres 13, recoméndase que os alumnos non acudan ao centro, sempre seguindo as recomendacións do Presidente da Xunta. O venres 13 tamén pechará a ludoteca e xa non haberá este […]
Xa podemos ver na canle de youtube do Colexio Jorge Juan o vídeo do desfile de Entroido deste ano. Canle de youtube do colexio Vídeo do desfile de Entroido 2020
O venres 6 de marzo haberá unha nova xornada de portas abertas para ver o centro. A partir das 17:00 e con cita telefónica previa podedes vir a coñecernos.O número do cole é 981 34 01 09.
O 13 de febreiro é o Día Internacional da Radio, por este motivo a Rede Espora, unha rede de radios escolares da que tamén forma parte a radio do noso colexio, ven de crear un podcast sobre a diversidade e a inclusión. Foi unha creación en común de varios centros educativos entre os que se atopa o Colexio Jorge Juan. ESPORA é unha plataforma escolar […]
Hoxe estivo na nosa biblioteca o escritor Pedro Mañas, gañador de varios premios literarios. Veu asinar os exemplares do seu libro “Apestoso tío Muffin”, obra lida polo alumnado de 5º EP e gañadora do “XV Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil”. Contounos como se converteu en escritor e puidemos expoñerlle todas as preguntas que nos xurdiron. Gozamos moito da experiencia porque a exposición de […]
Con motivo da xornada de portas abertas que organiza o nosos colexio este venres, 14 de febreiro, en Radio Fene quixeron facernos unha entrevista e así poder dar a coñecer un pouco máis o colexio Jorge Juan. O director Angel del Rio puido explicar como se desenvolverá a xornada de portas abertas e tamén outros moitos outros proxecto que se están a realizar no colexio. […]
As ondas xa flúen a través de BiblioTortu.!! Xa está todo preparado para arrincar coa emisión da “grella radiofónica” máis incrible de toda a comarca. Comeza o proxecto de radio escolar do noso colexio. Máis inforomación no blog da biblioteca: https://bibliotortu.blogspot.com/
Xa está publicado o número 2 da revista escolar “Tortu New”. Artigos, novas, pasatempos… Na súa elaboración participou todo o colexio. Se queres acceder ao contido completo pincha aquí: