Pequenas, pequenos xa estamos de volta e temos preparado un curso moi divertido, estades list@s??comezamos…….. BENVID@S Á ESCOLA!! https://drive.google.com/drive/folders/1nK2luhlm9_nBKkcd3g0bMLF0zEWoiLnx?usp=sharing
Pequenas, pequenos xa estamos de volta e temos preparado un curso moi divertido, estades list@s??comezamos…….. BENVID@S Á ESCOLA!! https://drive.google.com/drive/folders/1nK2luhlm9_nBKkcd3g0bMLF0zEWoiLnx?usp=sharing
O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais. Como sabedes no noso colexio a preocupación polo coidado do noso medio é unha das nosas teimas. Deste xeito ás iniciativas e accións encamiñadas na procura desta sensibilización sumámoslle esta semana unha serie de actividades. Podedes ler e ver […]
Hoxe, no Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, publicaremos na web as fotografías das actividades da súa celebración no colexio o pasado venres. Van dende as alfombras florais de Educación Infantil ata os murais da ESO, sen esquecer o traballo feito en Primaria e na Escola Infantil. Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes Educación Infantil Galería de imaxes da Educación […]
Está aberto prazo de matrícula para a Escola Infantil Jorge Juan. Todas as persoas interesadas poden ter máis información chamando ao colexio, no número 981 340 109, e tamén facerse unha idea do noso xeito de traballar vendo o seguinte vídeo:
As diferentes etapas educativas realizaron actividades vencelladas á celebración. O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller e o noso centro quixo participar desde todas as súas etapas con diferentes actividades. Desde a Escola Infantil fixeron este mural para conmemorar o día: O alumnado de Ed. Infantil gozou da representación da historia de Amelia Earhart, pioneira da aviación feminina. Tamén o celebraron con […]
Este ano, non puidemos facer o tradicional desfile con música e baile, pero non quixemos quedarnos parados. Saímos a camiñar para descubrir as diferentes vilas polas que pasa o Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela. Foi unha peregrinaxe diferente pero moi divertida, na que os peregrinos e peregrinas amosaron as súas vestimentas e complementos, todos e todas cun mesmo obxectivo: chegar a Santiago […]