O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais.
Como sabedes no noso colexio a preocupación polo coidado do noso medio é unha das nosas teimas. Deste xeito ás iniciativas e accións encamiñadas na procura desta sensibilización sumámoslle esta semana unha serie de actividades.
Podedes ler e ver a mensaxe e ás fotografías que nos deixan dende Educación Infantil
Onte celebramos na escola o "Día do Medio Ambiente", gozando dun día case de verán na cabana. Un neno ou nena de cada clase participou simbolicamente na plantación da nosa moreira. Lembraremos este fermoso día todos os días, porque medrará ao tempo que medramos cada un e unha de nós.
Esperamos que gocedes da fin de semana. Deixámosvos a continuación unhas iamxes da xornada.
Galería de imaxes
Tamén os máis pequenos de todo o colexio, os da Escola Infantil, participaron e nos deixaron como lembranza deste día as seguinte fotografías:
Galería de imaxes
Por último deixamos tamén un resumo fotográfico das actividades do alumnado de Primaria: plantación e coidado do horto, merendas e xogos neste espazo.
Galería de imaxes Primaria