Peregrinación a Compostela
Este ano, non puidemos facer o tradicional desfile con música e baile, pero non quixemos quedarnos parados. Saímos a camiñar para descubrir as diferentes vilas polas que pasa o Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela.
Foi unha peregrinaxe diferente pero moi divertida, na que os peregrinos e peregrinas amosaron as súas vestimentas e complementos, todos e todas cun mesmo obxectivo: chegar a Santiago con alegría e ilusión.
Desfrutade desta bonita peregrinaxe!!!