Excursión Residencia de maiores Resanes

O alumnado de 3°de primaria visitamos hoxe xoves 19 de decembro a Residencia Resanes en Sto. Estebo de Perlío.Alí coñecimos de cerca as necesidades dos nosos maiores e as actividades que realizan diaramente, para mellorar a súa calidade de vida. Galería de imaxes

Ler máis

Excursión CAMF

Os alumnado de 4°de primaria visitamos hoxe xoves 19 de decembro o CAMF FERROL, o centro de atención integral para persoas con discapacidades físicas. A nosa pretensión con esta iniciativa, de marcado sentido solidario e educativo, é achegar aos nen@s a realidades próximas das que non teñen tanto coñecemento. Aproveitamos a visita para cantarlles unhas cancións que estivemos ensaiando.

Ler máis

O Apalpador ven ao cole

O Apalpador ven ao cole

Este luns o Apalpador veu ata a Jorge Juan para coñecer aos nenos e nenas do noso cole. Presentouse explicándolles quen era e faloulles do importante que é gozar coas cousas boas que temos e coidar da natureza. Participaron o alumnado de infantil de catro e cinco anos e de primeiro e segundo de primaria. Galería de imaxes

Ler máis

C2R9 na Jorge Juan

A economía circular é un sistema de produción que pretende substituír ao actual buscando o respecto ao medio ambiente a través dun consumo responsable e dun desenvolvemento realmente sostibles.

Ler máis

Día da Discapacidade.

O día 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade, e os nenos e nenas de quinto de Educación Primaria, quixemos compartir e celebrar este día asistindo á inaguración da Exposición de “Pintamo-lo mundo” que realizaron os nosos amigos e amigas da Asociación Aspaneps. Alí no salón de plenos do Concello poidemos disfrutar da exposición e da compaña dos rapaces e rapazas da asociación cos […]

Ler máis

A nena e o grilo

A nena e o grilo

Este pasado mércores, 27 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria puido gozar dunha representación teatral. Acudimos á sede de Afundación en Ferrol para ver a obra “A nena e o grilo máis aló”, da compañía de teatro Magín Blanco. A obra que aproveita o potencial educativo que ten o teatro, contou con baile, música, moitos momentos cómicos e algún que outro […]

Ler máis

Día Internacional da Infancia

O 20 de novembro de 1959 a ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Na mesma data pero trinta anos máis tarde, o 20 de novembro de 1989, escríbese a Convención sobre os Dereitos do Neno. Por este motivo tomouse esta data para celebrar o Día Internacional da Infancia. O alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Primaria do noso colexio […]

Ler máis

Samaín 2019

Onte, mércores 30 de outubro, puidemos celebrar no colexio o Samaín. Entre as moitas actividades que se desenvolveron, fixemos un magosto no que participou todo o colexio dende infantil ata a ESO. Galería de imaxes

Ler máis

Coñecendo os castiñeiros

Coa chegada do outono, o tempo das castañas e os magostos, o alumnado de primeiro e segundo de primaria achegouse ao horto do noso colexio para poder ver de cerca os castiñeiros. Alí fixemos a merenda, puidemos coñecer ben como son os castiñeiros e tamén apañar algunhas castañas. Foi unha visita curta pero moi interesante. Galería de imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad