Despedimos o Entroido

Despedimos o Entroido

Despois de celebrar e gozar das festas de Entroido, chegou o momento da súa despedida, arredor da actividade que simboliza o final do Entroido, a queima do Meco, organizamos moitas outras que puxeron fin, do xeito que se merece, a este tempo de diversión e troula. O Meco é unha parte integral das celebracións do Entroido. Representase habitualmente como un boneco grande e grotesco, relacionouse […]

Ler máis

Entroido 2024

Entroido 2024

Fai poucos días publicamos nesta web a nova sobre a celebración do desfile de Entroido. Pero aqueles que coñecedes ben o colexio sabedes que a celebración do Entroido na Jorge Juan vai máis alá, e ten outros moitos momentos memorables. Antes desta xornada tivemos que cumprir os mandatos do Meco, deseñar e confeccionar os disfraces, preparar e ensaiar os desfiles e os bailes, e tamén, […]

Ler máis

Desfile de Entroido 2024

Desfile de Entroido 2024

O Entroido é unha das celebracións máis esperadas e alegres do ano, e hoxe, 9 de febreiro, o Colexio Jorge Juan non foi unha excepción. O alumnado e profesorado de todas as etapas, desde a Escola Infantil ata a Educación Secundaria, reunímonos para celebrar esta festa tan especial organizando un desfile de Entroido que encheu de cor e alegría as instalacións do noso centro. Cada […]

Ler máis

Mandatos do Meco

Ler máis

Día da Paz 2024

Día da Paz 2024

Celebración do Día da Paz no Colexio Jorge Juan de Perlío: Fomentando a Tolerancia e a Solidariedade Como cada 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan encheu o seu patio de esperanza, solidariedade e compromiso coa celebración do Día da Paz. Neste día tan especial, unimos forzas para lembrar a orixe e o significado profundo desta xornada que nos convida a reflexionar sobre o valor […]

Ler máis

Experimentación sensorial. “Casas do mundo”

Experimentación sensorial. “Casas do mundo”

Con este ambiente buscamos que a rapazada de Infantil vivencie a través de diferentes técnicas e materiais a construcción de vivendas. Disfrutar e aprender por elas e eles mesmos é o noso obxectivo. Galería de imaxes

Ler máis

Visita dos Reis Magos de Oriente

Un ano máis, os Reis Magos de Oriente fixeron unha parada especial no noso colexio, enchendo de maxia e ilusión os corazóns dos máis pequenos. Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto cos seus paxes, visitaron a escola Jorge Juan para recoller as últimas cartas e compartir momentos de ledicia, curiosidade e algo de nerviosismo cos nenos e nenas. Con gratitude e emoción, agradecemos a visita especial […]

Ler máis

Festival de Nadal

Festival de Nadal

@s nosos peques e as familias disfrutamos do festival relacionado co noso proxecto de centro “O BOSQUE ANIMADO”. Aqui tedes os videos das actuacións. Videos das actuacións

Ler máis

Saída a Correos

Saída a Correos

Esta semana visitamos Correos. Comprobamos onde gardan “Papá Noel” e os “Reis Magos” as cartas que mandamos e estampamos as nosas. Aproveitando a saída deixamos uns detalles no Centro de Saúde, na Policia, no Concello e tamén en Correos. Podedes ver as fotos na seguinte ligazón. Galeria de imaxes

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad