Preparando o 8-M.

Preparando o 8-M.

Boas familias: Rematamos esta semana cuns preparativos para un día moi especial. Qué será? Emplazámosvos para o vindeiro luns e poderedes ver o que acontece na nosa web. Deixámosvos un pequeno adianto. Video de Amelia Earhart Galería de imaxes Un saudiño e boa fin de semana.

Ler máis

Novo número da revista Tortu News

Novo número da revista Tortu News

Xa temos nas nosas mans o número 4 da revista máis famosa e máis esperada da nosa comunidade: Tortu News. Nela poderedes atopar diferentes artigos escritos con dedicación, esforzo e ilusión por parte do noso alumnado. Deixamos o enlace a continuación para que podades consultala. Tortu News Nº 4

Ler máis

Chocolatada

Chocolatada

Boas, familias: Hoxe puxemos fin o Entroido cunha gran festa na que desfrutamos dun rico chocolate con churros. Bailamos, cantamos e gozamos c@s compañeir@s. Cantas ganas tiñamos dun bo fiestón! Deixámosvos un vídeo e unhas fotiños dos mellores momentos da xornada festeira. Video Galeria de imaxes Boa finde a tod@s! Un saudiño. As mestras de E. Infantil.

Ler máis

Peregrinación a Compostela

Este ano, non puidemos facer o tradicional desfile con música e baile, pero non quixemos quedarnos parados. Saímos a camiñar para descubrir as diferentes vilas polas que pasa o Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela. Foi unha peregrinaxe diferente pero moi divertida, na que os peregrinos e peregrinas amosaron as súas vestimentas e complementos, todos e todas cun mesmo obxectivo: chegar a Santiago […]

Ler máis

Festa de Entroido. Degustación de produtos típicos.

Ola familias: Aquí tedes algunhas fotiños da festa do venres na que desfrutamos cantando, bailando e degustando produtos típicos do Entroido. Lembrade que voltaremos o xoves 18 e que o venres 19 de febreiro @s peques virán disfrazados da casa e gozaremos cunha gran chocolatada. Qué o ritmo non pare!! Galería de imaxes Un saudiño. As mestras de E. Infantil

Ler máis

Entroido 2021

Neste Entroido no Colexio Jorge Juan decidimos ataviarnos de peregrinos e facer unha peregrinación virtual a Compostela. Ata a edición e publicación do do vídeo achegámosvos unha galería fotográfica coas imaxes deste xornada. Galería de imaxes Máis imaxes

Ler máis

Chegamos a Santiago!

Chegamos a Santiago!

Ola, familias:Por fin chegamos a Santiago!!Levamos botas, cantimplora e un caxato, puxemos chanclas e calcetíns e agora xa case estamos na camiña co noso pixama.Descansade ben pequen@s, que mañá temos unha gran festa!!Aquí deixámosvos unhas fotiños moi divertidas dalgúns momentos da semana.Esperamos que vos gusten. Galería de imaxesUn saudiño.As mestras de Educación Infantil

Ler máis

Representación do Camiño Inglés e degustación de produtos típicos de Entroido.

Boas familia:Recordámosvos que o vindeiro venres, día 12 celebraremos o Entroido.Para elo, precisarán vir vestidos todo de marrón.Lembrade tamén, que a merenda dese día será de cousas típicas destas datas, de maneira individual.Moitas grazas pola vosa participación.Un saúdo. As mestras de Educación Infantil

Ler máis

Taller de emocións

Taller de emocións

Boas, familias: Con motivo da semana da paz en Educación Infantil levamos a cabo un taller emocional. A bruxa “Paciencia” visitounos para compartir a lectura dalgúns contos. Estivo tan, tan contenta que aínda non quere marchar e acordamos que quedara unha semana máis connosco. Para rematar a semana festexamos o Día da Paz e da Non Violencia cuns traballiños feitos con moito amor. Queredes velos? […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad