Recollida residuos na praia

Hoxe o alumnado ao completo de Educación Infantil fixo unha excursión a praia de San Valentín, o propósito principal desta saída era a recollida de residuos que rematan nos nosos mares e praias para que os/as máis pequen@s tomen conciendia da importancia da reciclaxe e da reutilización de materiais. Pasamos una mañana moi divertida!!! FOTOS E VÍDEOS

Ler máis

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

O proxecto de centro deste ano tivo como temática e título: “A Nosa Ria”. No seu desenvolvemento fóronse sumando enriquecedoras experiencias e tamén creando materiais e recursos que decidimos expoñer ao público. Para iso, e grazas a inestimable colaboración e apoio do Porto de Ferrol, contaremos cun espazo especialmente axeitado, o faro de Cabo Prior. A exposición, baixo o título “Ferrol, a nosa ría”, estará […]

Ler máis

Día da poesía

Día da poesía

Hoxe as nenas e nenos de segundo ciclo de Educación Infantil traemosvos un agasallo para celebrar o Día da poesía. VER VÍDEOS

Ler máis

Tortu News nº6: A Nosa Ría

Tortu News nº6: A Nosa Ría

Xa podemos ver on line un novo número da revista da nosa biblioteca: Tortu News nº 6 Dende diversas perspectivas contén unha visión conxunta arredor do tema: “A Nosa Ría”. Podedes acceder a todo o seu contido na seguinte ligazón: Tortu News nº 6: A Nosa Ría

Ler máis

Oceanografía en E. Infantil

Esta semana @s peques de Educación Infantil tivemos a sorte de ter con nós a Carlota Rodríguez, oceanógrafa do Centro Oceanográfico de A Coruña. Aprendimos moitas cousas sobre a súa profesión e o fondo mariño. E fixémonos moi conscientes da necesidade de coidar as nosas rías, praias, mares e oceanos. Sempre comprometid@s co medio ambiente. Galería de imaxes

Ler máis

8M 2022

8M 2022

O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe no patio do noso colexio, todo o alumnado e profesorado do colexio formamos un oito e un eme xigante como símbolo de unión a esta reivindicación e do noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos da muller. Nas aulas tamén se […]

Ler máis

Fin do Entroido 2022

Hoxe puxemos fin ás celebracións de Entroido. Fixémolo como outros anos, con disfraces, chocolate e a queima do Meco. Quedan aquí abaixo as fotogragías da xornada para que podades ver o moito que gozamos deste día. Disfraces e chocolatada Queima do Meco

Ler máis

Fotos do Entroido 2022

Fotos do Entroido 2022

Como prometeramos onte, colgamos hoxe moitas máis fotografías da xornada de celebración do Entroido 2022. Fotos do desfile de Infantil e Primaria Escola Infantil Educación Infantil Primeiro e segundo de Primaria Terceiro e cuarto de Primaria Quinto e sexto de Primaria

Ler máis

Entroido 2022

Entroido 2022

Por fin chegou o día que levabamos esperando toda a semana, hoxe os disfraces feitos polo alumnado, coa inestimable axuda do profesorado e familias, puideron lucir no desfile de Entroido do colexio. Para intentar compensar a imposibilidade de que as familias acudisen como público, este ano fixemos unha retransmisión en directo, a través de Instagram foi posible seguir o transcurso deste evento. Podemos ver o […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad