Podedes ver as datas dos exames premendo nesta ligazón.
Este venres pasado fixemos no noso colexio unha dobre celebración, o Samaín e un magosto. Castañas asadas, cabazas, disfraces e música encheron o patio, aulas e corredores de alegría. Nas seguintes imaxes podedes ver o moito que gozamos ese día: Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes do primeiro ciclo de Primaria Galería de imaxes de segundo ciclo de Primaria Galería de imaxes […]
Para celebrar o Día da Biblioteca, 24 de Outubro, convertemos a nosa Bibliotortu en fondo do mar. E por alí pasaron todos os rapaces e rapazas do noso cole para compartir un tempo de desfrute, relaxación e descubrimento de lendas relacionadas co noso entorno: a lenda da Serea das Illas Mirandas, os tesouros que esconde a fonte dos Mouros de Sillobre, o arco da vella […]
Ola familias! Dámosvos a benvida un ano máis e lémbramosvos os horarios para este curso:Servizo de almorzos: 7:30/8:00 (Previo aviso o día anterior)Servizo de madrugadores: 8:00/8:30 (Certificado de empresa e declaración responsable)Entrada : Os alumn@s de Educación Infantil poderán ir entrando ao centro entre as 8:45 e as 9:00. Os alumn@s de Educación Primaria poderán incorporarse ás aulas desde as 8:30 sendo as 9:00 o […]
O alumnado de ESO pode consultar o horario dos exames premendo na ligazón.
Na seguinte ligazón pódese acceder a listaxe de libros de texto para o curso 2021 – 2022:
O Día internacional do Libro celébrase todos os anos o 23 de abril. Celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura.
Neste ano 2021, no Colexio Jorge Juan, as distintas etapas educativas sumáronse a esta festa do libro.