Visita ao Auditorio de Narón.

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil disfrutamos dun espectáculo no Auditorio de Narón, a obra en cuestión é “Rosa Caramelo”. Un espectáculo onde se lle da a volta a roles e estereotipos de xénero. Trátase de desmontar unha serie de ideas sobre actitudes e aptitudes  das mulleres e dos homes.

Ler máis

Xornadas de Alimentación Saudable.

Ao longo desta semana (14 – 18 de novembro), os nenos e nenas de Educación Infantil organizamos as “XORNADAS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE”. Con estas Xornadas pretendemos alcanzar os seguintes obxectivos: – Fomentar hábitos de hixiene relacionados coa manipulación de alimentos e a saúde bucodental. – Interiorizar hábitos relacionados coa alimentación saudable. – Animar a probar e descubrir alimentos saudables. – Coñecer diferentes profesións e establecementos  relacionados coa alimentación. […]

Ler máis

Celebración do Centenario das Escolas de Emigrantes.

O 5 de novembro do 1916 eran inaguradas as escolas Concepción Arenal e Curros Enríquez, que foran fundadas dende A Habana  (Cuba) pola “Sociedade de Instrucción Naturales del Auntamiento de Fene”; e por iso, despois de 100 anos da súa fundación, o Concello de Fene celebra o seu centenario organizando unha exposición que comeza o 23 de Novembro ata o 16 de Decembro: “Centenario das […]

Ler máis

Charla sobre Tratamento de Resíduos.

Onte, xoves 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a visita do GRUPO SOIL. Unha empresa que se adica principalmente a xestión e tratamento de resíduos, ofrecéronnos unha charla formativa, educativa e participativa na que os nenos poideron reafirmar os seus coñecementos e contestar,  á vez que facer, todo tipo de preguntas. No cole, dámollse moita […]

Ler máis

Día dos Dereitos dos Nenos.

O día 20 de novembro, foi elexido, en todo o mundo como o Día dos Dereitos dos Nenos, polo que os alumnos e alumnas de 5 anos de Educación Infantil, quixeron celebrar cos seus compañeiros e compañeiras de Educación Primaria esta data tan importante. Por parellas recitaron cada un dos seus dereitos e mostraron debuxos representativos feitos por eles. Galería de Imaxes.

Ler máis

Visita ao Teatro Colón.

Hoxe, xoves 10 de novembro, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Educación Primaria, visitaron o teatro Colón na Coruña, para poder disfrutar do musical “Las cuatro estaciones” de Vivaldi, no que poideron escoitar a música de cada estación acompañada dunha representación teatral con danza. Máis música maestro!!!!

Ler máis

Exposición Luis Davila.

O pasado, xoves 3 de novembro, e o hoxe, venres 4 de novembro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar e coñecer a Exposición de Luis Davila. Alí, ademais de coñecer parte da obra do debuxante podemos realizar un pequeno taller de viñetas. Desfrutamos ao máximo da visita e das […]

Ler máis

E veña zumba.

O pasado luns, 24 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, realizaron outra actividade máis relacionado co Proxecto de Hábitos Saudables, no que se atopa traballando o colexio dende hai uns cursos. Nesta ocasión, os nosos alumnos e alumnas desfrutaron dunha clase de Zumba, onde ao longo de 50 minutos; Carla, a mestra de zumba, fixo disfrutar e suar […]

Ler máis

Contacontos na Biblioteca.

Este mes de outubro na biblioteca do noso colexio comezaron as lecturas entre ciclos. Neste mes, pasaron pola biblioteca os alumnos e alumnas de Educación Infantil para escoitar o conto “Patito busca a su mamá”. Para esta actividade os alumnos e alumnas de Educación Primaria (3º, 4º, 5º e 6º) convertéronse en contacontos por un día, e con toda a súa ilusión, esforzo e alegría […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad