Visita á Exposición de Escolas de Emigrantes.

Hoxe, luns 28 de novembro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, nos achegamos ata a Casa da Cultura de Fene para disfrutar da Exposición “Centernario das Escolas de Emigrantes 1916-2016. O Ensino en Fene”; onde Emilio Balado nos achegou, cunha amena charla, ao tempo das escolas de “antes”, dándonos a coñecer a orixe das escolas de emigrantes, o seu funcionamento e os materiais e libros que nelas se empregaban. Despois de realizar un percorrido polos paneis da exposición, onde se fai referencia ao noso colexio; pasamos a realización dunha sesión fotográfica no “divertido photocall” que dispón dita exposición.

Galería de Imaxes.