Alimentación Saudable no Eroski.

Hoxe e o pasado luns,  visitóunos de Eroski, Ana, responsable de impartir as charlas aos alumnos sobre “Saúde alimentación Saudable”, nesta ocasións tocounos aos alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria.

Explicóunos cómo se encargan de xestionar as diferentes seccións que hai nun super tan grande, a través dos distintos resposables. Falóunos das medidas de seguridade que debemos adoptar no parking do establecemento e o consumo responsable que debemos de facer cos alimentos para que a nosa alimentación sexa sana e equilibrada.

Xa no super, visitamos os distintos departamentos , achegándonos a novos coñecementos.

Á hora da merenda, tíñanos preparada una sorpresa vistosa, orixinal, sana e vitaminada, acompañada de xogos de adiviña polo tacto e o gusto.

Para rematar a nosa visita ,regaláronnos unha bolsa chea de productos moi sans para levar as nosas casas.

Galería de Imaxes.