Coñecendo o Porto de Burela.

O pasado luns e martes, 19 e 20 de decembro, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Educación Primaria, nos achegamos a coñecer o porto de Burela, na Mariña Lucense. Esta visita está encadrada dentro do programa escolar de divulgación dos recursos do mar: “Mares de Cultura. Os nenos e o mar”.

O luns 19, achegouse ata o noso colexio, Carlos, un dos monitores que nos acompañou na visita  durante estos días, para introducirnos mediante unha interesante charla,  no mundo do mar e anticiparnos cousas da visita que realizariamos o martes.

Logo o martes, unha vez chegamos a Burela, os monitores, Carlos e Jairo; nos levaron de visita polos distintos lugares do porto que tiñamos concertados. Nos dividiron en dous grupos e comezamos a visita ” A Nave de Redeiras” onde coñecimos un grupo de mulleres cunha profesión importantísima para os mariñeiros e  das que quedan poucas persoas que se adiquen a ela. Nos amosaron os distintos tipos de aparellos de pesca que se utilizan e como os reparan e preparan para o seu uso.

O outro grupo nos achegamos a visitar o Barco Museo “Virxe do Carme”, onde coñecimos  un auténtico barco boniteiro, as condicións do vida dos mariñeiros a bordo, as distintas partes do barco e algunhas cousas máis do mundo do mar.

Despois da comida, nos diriximos á Lonxa de Burela, para coñecer os distintos tipos de peixes e mariscos que chegan a este porto, como se fai a subasta, os almacéns de limpeza de caixas, e a fábrica do frío, onde nos diron unha fresca ducha de xeo.

Foi unha interesante e divertida saída, e nos gustaría agradecer a amabilidade e o bo  trato que nos ofreceron tanto  os monitores e todo o persoal do porto e lonxa de Burela. Moitísimas grazas.

Galería de Imaxes.