Presentación Proxecto TEI Curso 2017-18.

Aproveitando o día de festa pola celebración do Samaín e os orixinais disfraces dos  alumnos e alumnas, fixéronse as presentación oficias entre os participantes do Programa TEI para este curso. Deste xeito, tiveron un tema diferente de conversa na súa presentación: o seu terrorífico aspecto. Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria son Titores e Titoras dos alumnos e alumnas de 3º de […]

Ler máis

Camiñata polas Fragas do Eume.

O pasado venres 20 de outubro,os rapaces de 4° E.P.,fixeron unha saída do outono polas Fragas do Eume,aproveitaron para estudar as diferentes clases de fauna e flora,típicas desa paraxe,recoller productos típicos desta estación,e disfrutar dunha fermosa mañá nunha das fragas máis fermosas e naturais que temos en Galicia.

Ler máis

Celebración do Día da Biblioteca.

Durante esta semana e para conmemorar o Día da Biblioteca, realizaranse diferentes actividades para os alumnos de Educación Infantil e Primaria, relacionadas co fomento da lectura, animación a creación literaria e o descubrimento da Biblioteca. Queremos destacar o importante papel que as Bibliotecas teñen nas nosas vidas como un espazo de coñecemento libre e gratuíto, de aprendizaxe e creación, de estudo e investigación, e sobre […]

Ler máis

Camiñata pola Fervenza do Belelle.

Os nenos e nenas de segundo de Educación Primaria fixeron unha saída, o luns 23 de outubro, pola fervenza do río Belelle, onde observaron da man do noso biólogo o medio natural e os cambios producidos polo outono no medio que nos rodea. Disfrutaron ao máximo da paisaxe de fraga no outono. Galería de Imaxes.

Ler máis

Visita Museo Etnográfico da Capela e Río Sesín.

O venres 20 de outubro visitamos o Museo Etnográfico da Capela, unha antiga casa rectoral do século XV que foi restaurada no século XX, e que nos ensina a través das diferentes habitacións ou estancias a forma de vida en aquela época en canto a mobiliario, enseres, ferramentas, oficios e demáis. Ao rematar a visita fixemos un percorrido a pe pola beira do río Sesín ata […]

Ler máis

Continuidade do Programa TEI Curso 2017-18.

Continuamos este  curso co programa TEI (Titoría Entre Iguais) iniciado o curso anterior, co alumnado que este ano está cursando 3º e 5º de Educación  Primaria. Despois da reunión inicial coas familias, os alumnos e alumnas comezarán a fase de información e  formación, para posteriormente axudarse uns aos outros co fin de mellorar a convivencia e o clima escolar. Os alumnos de 5º de Educación […]

Ler máis

Camiñata a Coto do Rei.

Os alumnos e alumnas de primeiro da ESO, subiron ata Coto do Rei. Esta actividade recóllese dentro do fomento de hábitos saudables proposto pola Xunta para nenos e nenas en idade escolar. A ruta ten unha distancia de oito kms e dificultade media alta. Galería de Imaxes.

Ler máis

Convivencia ESO en Cerdeda.

O venres 23 como último día do curso levamos a todos os alumnos e alumnas da ESO, que quixeran ao Parque Acuático de Cerceda. Saímos ás 10: 00 h da maná e voltamos ás 18:00 h. A convivencia ente eles durante o día foi marabillosa e os rapaces xuntos cos profesores disfrutaron a tope das instalacións. Esperamos voltar o ano que ven.

Ler máis

Viaxe de Fin de Curso 5º e 6º Primaria.

Ao longo da semana do 19 ao 23 de xuño, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria,  nos achegamos ata capital, Madrid,  para realizar diversas actividades, como foron: visita do Bernabeu, oparque da natureza de Faunia, o parque de atraccións da Warner Bross, Aquopolis, ademais de coñecer os monumentos máis importantes da cidade de Madrid. E de volta coñecimos a cidade […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad