Celebración do Día da Biblioteca.

Durante esta semana e para conmemorar o Día da Biblioteca, realizaranse diferentes actividades para os alumnos de Educación Infantil e Primaria, relacionadas co fomento da lectura, animación a creación literaria e o descubrimento da Biblioteca.

Queremos destacar o importante papel que as Bibliotecas teñen nas nosas vidas como un espazo de coñecemento libre e gratuíto, de aprendizaxe e creación, de estudo e investigación, e sobre todo de lectura e desfrute.

Facer da biblioteca un lugar de encontro de lectores de diversas idades que desfrutan coa lectura, o coñecemento, as historias, a reflexión conxunta, as lecturas compartidas, os contacontos,… un lugar de convivencia e desenvolvemento persoal e social.

Galería de Imaxes.