Continuidade do Programa TEI Curso 2017-18.

Continuamos este  curso co programa TEI (Titoría Entre Iguais) iniciado o curso anterior, co alumnado que este ano está cursando 3º e 5º de Educación  Primaria.

Despois da reunión inicial coas familias, os alumnos e alumnas comezarán a fase de información e  formación, para posteriormente axudarse uns aos outros co fin de mellorar a convivencia e o clima escolar. Os alumnos de 5º de Educación Primaria serán os Titores dos alumnos/as de 3º de Educación Primaria (“os seus irmás maiores”). Xuntos compartirán experiencias, xogos cooperativos, conversas,… e mellorarán o  seu desenvolvemento social e persoal.

Para comezar a concienciación sobre o acoso escolar e o bullying, deixámosvos o vídeo que o curso anterior os Titores participantes no programa realizaron. Escribiron letras, frases de apoio, estrofas e estribillos que se converteron nun rap e que a continuación gravaron no seu videoclip.

Non esquezamos  que todos somos iguais, únicos e irrepetibles, tendo sempre presente  “o deber de ser ben tratados  e a responsabilidade de tratar ben aos demais”.