Visita Museo Etnográfico da Capela e Río Sesín.

O venres 20 de outubro visitamos o Museo Etnográfico da Capela, unha antiga casa rectoral do século XV que foi restaurada no século XX, e que nos ensina a través das diferentes habitacións ou estancias a forma de vida en aquela época en canto a mobiliario, enseres, ferramentas, oficios e demáis.

Ao rematar a visita fixemos un percorrido a pe pola beira do río Sesín ata o moliño de auga onde os veciños do lugar levaban o millo a moer. 

Polo camiño poidemos ver as carboerias onde os carboerios pasaban o día e tamén a noite vixiando o lume, para conseguir o carbón tan necesario e tamén fixemos unha parada no  Soutelo onde gardaba as castañas durante o ano.

Pensamos que esta visita non nos debe deixar indiferentes.

Canto máis pasan os anos máis lonxe estamos de recordar as vivencias persoais o visuais que disfrutamos en algún momento cando éramos nenos. E cada vez son menos os avós en bisavós que coas súas historias poden recobrar do pasado todo aquelo que damos por olvidado.

É a nosa labor e o noso interese visitar de cando en vez o pasado, non so para saber que acontecía alá por aqueles anos, senón para valorar todo o traballo, o esforzo e a constancia que sen medios convertían nunha rutina e que o desfrute, o ocio, o consumo era so un privilexio  de algúns aos que seguramente nin coñecían.

Galería de Imaxes.