Seguimos coas nosas xuntanzas de Tutorías entre Iguais, e que mellor día que hoxe!, o día da Paz, para realizar a nosa quinta actividade deste curso. Galería de imaxes
Seguimos coas nosas xuntanzas de Tutorías entre Iguais, e que mellor día que hoxe!, o día da Paz, para realizar a nosa quinta actividade deste curso. Galería de imaxes
Neste novo curso e co obxectivo de mellorar as habilidades da lectura do noso alumnado, retomamos o proxecto de lectura asistida con cans: “Perros y Letras”. A cadela Nora animará a ler a alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria, aos que acompañará na súa lectura semanalmente. A vantaxes que supón a lectura con este animal son a motivación, a confianza e a […]
Estamos inmers@s no proxecto solidario Salvavidas co que queremos acadar un desfibrilador para o colexio, que poida satisfacer as posibles necesidades da comunidade educativa e do contorno. Para elo, necesitamos vender 250 pulseiras Salvavidas. Grazas a vos xa chegamos a máis da metade, pero necesitamos continuar, polo que pedimos un último esforzo que nos faga conseguir o noso obxectivo. Podedes mercar as pulseiras solidarias Salvavidas na secretaría […]
Melchor, Gaspar e Baltasar quixeron pasar polo colexio para recoller cartas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas. Pola biblioteca foi pasando o alumnado que ademais de entregar as súas cartas, puido falar coas súas maxestades e ata levar un pequeno agasallo como adianto do Día de Reis Tamén houbo ocasión para cantar e escoitar panxoliñas e facer unha merenda de media maña cos […]
O pasado venres, como despedida do primeiro trimestre, fixemos o festival de Nadal de primeiro e segundo de primaria. Acudiron como público as familias do noso alumnado. Houbo panxoliñas para abrir e pechar o acto, e tamén unha representación teatral na que se representaron de xeito dramatizado os Dereitos da Infancia. Foi un acto festivo pero tamén reivindicativo sobre as situacións nas que moitas veces […]
Este luns o Apalpador veu ata a Jorge Juan para coñecer aos nenos e nenas do noso cole. Presentouse explicándolles quen era e faloulles do importante que é gozar coas cousas boas que temos e coidar da natureza. Participaron o alumnado de infantil de catro e cinco anos e de primeiro e segundo de primaria. Galería de imaxes
Este pasado mércores, 27 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria puido gozar dunha representación teatral. Acudimos á sede de Afundación en Ferrol para ver a obra “A nena e o grilo máis aló”, da compañía de teatro Magín Blanco. A obra que aproveita o potencial educativo que ten o teatro, contou con baile, música, moitos momentos cómicos e algún que outro […]
Na semana do 25-29 de novembro, a biblioteca do centro “BIBLIOTORTU” acolle unha exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación. Actividade recollida dentro do plan de igualdade de xénero do centro. Os traballos foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO. Neles móstranse carteis onde se abordan dende anuncios de publicidade sexista, o sexismo en determinados programas na radio e a TV, […]
O 20 de novembro de 1959 a ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Na mesma data pero trinta anos máis tarde, o 20 de novembro de 1989, escríbese a Convención sobre os Dereitos do Neno. Por este motivo tomouse esta data para celebrar o Día Internacional da Infancia. O alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Primaria do noso colexio […]