Grazas de corazón

Xa temos o desfibrilador instalado no colexio. Está colocado na secretaría do centro para o uso da comunidade educativa e do contorno. Estamos felices e agradecidos coa colaboración masiva das familias e veciños que igual que nós, viron o desfibrilador como unha ferramenta necesaria e oportunidade de salvar vidas. GRAZAS DE CORAZÓN.