Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Camiñata polas Fragas do Eume.

O pasado venres 20 de outubro,os rapaces de 4° E.P.,fixeron unha saída do outono polas Fragas do Eume,aproveitaron para estudar as diferentes clases de fauna e flora,típicas desa paraxe,recoller productos típicos desta estación,e disfrutar dunha fermosa mañá nunha das fragas máis fermosas e naturais que temos en Galicia.

Ler máis

Celebración do Día da Biblioteca.

Durante esta semana e para conmemorar o Día da Biblioteca, realizaranse diferentes actividades para os alumnos de Educación Infantil e Primaria, relacionadas co fomento da lectura, animación a creación literaria e o descubrimento da Biblioteca. Queremos destacar o importante papel que as Bibliotecas teñen nas nosas vidas como un espazo de coñecemento libre e gratuíto, de aprendizaxe e creación, de estudo e investigación, e sobre […]

Ler máis

Camiñata pola Fervenza do Belelle.

Os nenos e nenas de segundo de Educación Primaria fixeron unha saída, o luns 23 de outubro, pola fervenza do río Belelle, onde observaron da man do noso biólogo o medio natural e os cambios producidos polo outono no medio que nos rodea. Disfrutaron ao máximo da paisaxe de fraga no outono. Galería de Imaxes.

Ler máis

Visita Museo Etnográfico da Capela e Río Sesín.

O venres 20 de outubro visitamos o Museo Etnográfico da Capela, unha antiga casa rectoral do século XV que foi restaurada no século XX, e que nos ensina a través das diferentes habitacións ou estancias a forma de vida en aquela época en canto a mobiliario, enseres, ferramentas, oficios e demáis. Ao rematar a visita fixemos un percorrido a pe pola beira do río Sesín ata […]

Ler máis

Continuidade do Programa TEI Curso 2017-18.

Continuamos este  curso co programa TEI (Titoría Entre Iguais) iniciado o curso anterior, co alumnado que este ano está cursando 3º e 5º de Educación  Primaria. Despois da reunión inicial coas familias, os alumnos e alumnas comezarán a fase de información e  formación, para posteriormente axudarse uns aos outros co fin de mellorar a convivencia e o clima escolar. Os alumnos de 5º de Educación […]

Ler máis

Colaboración con Global Humanitaria.

Estimados pais/nais/titores: Dende o Centro e dando continuidade o noso proxecto de solidariedade ,colaboraremos coa ONG Global Humanitaria nunha campaña de recollida de roupa e calzado usado. A tal efecto, dende o centro escolar poñemos a vosa disposición unhas bolsas específicas facilitadas pola ONG para que aquelas familias que o desexedes, poidades participar sen ningún tipo de compromiso engadido. A data de devolución destas bolsas no […]

Ler máis

Camiñata a Coto do Rei.

Os alumnos e alumnas de primeiro da ESO, subiron ata Coto do Rei. Esta actividade recóllese dentro do fomento de hábitos saudables proposto pola Xunta para nenos e nenas en idade escolar. A ruta ten unha distancia de oito kms e dificultade media alta. Galería de Imaxes.

Ler máis

Programas Excursión de Fin de Curso 5º e 6º.

Deixámosvos os enlaces dos programas das excursión que propoñemos para os alumnos e alumnas de quinto e sexto curso de primaria para a viaxe de fin de curso 2017-2018. Pregamos entreguedes a enquisa entregada aos vosos fillos/as coa maior rapidez posible, para así poder cerrar as datas da viaxe. Programa Portugal Programa Cantabria.

Ler máis

Benvidos/as ao Curso Escolar 2017-2018.

Toda a comunidade educativa que forma parte do Colexio Jorge Juan de Perlio, quixéramos dar a benvida a este novo curso escolar 2017-2018; este ano será un “pouco máis especial” para todos/as nós, debido a que cumprimos 50 anos da nosa aparición no eido educativo; polo que ao longo deste ano tentaremos organizar distintas actividades para festexalo, irémosvos informando, e como non, estaredes todos convidados/as. Benvidos!!!!!

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad