Celebracióin do Día dos Dereitos dos Nenos.

Esta semana no cole, todos os alumnos e alumnas, dende Educación Infantil ata Primaria, fixemos un hoco para recordar a importancia de todo o que temos e coñecer os nosos dereitos como nen@s.

Cris, unha das nosas mestras de música, estivo en Uganda- África seis meses traballando de mestra e amosounos de primeira man a súa expereincia coas condicións nas que os ne@s que alí viven reciben a súa educación.

Explicounos o interese que amosan por aprender, camiñando a unha hora de distancia baixo o sol de África e como sen libros, sen mobiliario escolar, sen recursos teñen interese en continuar coa poca educación que poden recibir dun profesorado ao que non sempre lles es posible chegar ata os “colexios”.

Estaremos na procura de reflexionar sobre todo o que estivemos escoitando.

Galería de Imaxes.