Proxecto 0% Plástico.

E chegado o día de apañar o lixo, decidimos facer unha análise do recollido. Démonos de conta que a maior parte da basura son envoltorios dos produtos que traemos para as nosas merendas. Ademais quixemos calcular a superficie que ocuparía este lixo se o estendéramos polo  chan, e o datos son impresionantes. O lixo recollido durante sete días ocupa unha superficie aproximada de 25 m2. Facendo un cálculo doado podemos supoñer que, se fixeramos a recollida do lixo durante todos os días do curso, poderíamos ocupar una superficie de 1000 m2. Parécenos un dato para reflexionar e outro motivo  máis para poñer mans á obra e resolver o problema.