Visita de primeiro e segundo de primaria á mostra “Sonoro Empeño”.

O pasado xoves, 14 de decembro, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria do Colexio Jorge Juan acudiron á Sede Afundación de Ferrol.
O motivo deste visita foi o de ver a exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», esta mostra ilustra as confluencias entre música e artes plásticas a través dunha selección de 29 obras de artistas como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luis Caruncho, Luis Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño ou Xaime Quesada, entre outros.
En total foron 78 nenos e nenas os que puideron gozar desta experiencia, escoitando música, vendo e mesmo pintando os seus propios cadros inspirados e guiados pola música.

Galería de Imaxes.