Boas, familias: Con motivo da semana da paz en Educación Infantil levamos a cabo un taller emocional. A bruxa “Paciencia” visitounos para compartir a lectura dalgúns contos. Estivo tan, tan contenta que aínda non quere marchar e acordamos que quedara unha semana máis connosco. Para rematar a semana festexamos o Día da Paz e da Non Violencia cuns traballiños feitos con moito amor. Queredes velos? […]










