Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

Exposición: “Ferrol, a nosa ría”

O proxecto de centro deste ano tivo como temática e título: “A Nosa Ria”. No seu desenvolvemento fóronse sumando enriquecedoras experiencias e tamén creando materiais e recursos que decidimos expoñer ao público. Para iso, e grazas a inestimable colaboración e apoio do Porto de Ferrol, contaremos cun espazo especialmente axeitado, o faro de Cabo Prior. A exposición, baixo o título “Ferrol, a nosa ría”, estará […]

Ler máis

Día da poesía

Día da poesía

Hoxe as nenas e nenos de segundo ciclo de Educación Infantil traemosvos un agasallo para celebrar o Día da poesía. VER VÍDEOS

Ler máis

Excursión 3º e 4º de primaria

O alumnado de 3º e 4º de primaria visitamos o Museo de Historia Natural. As instalacións deste museo aprobeitan un antigo edificio militar. Todas as mostras que alí se atopan están feitas sen dano á Natureza, con doacións da Sociedade Galega de Historia Natural e tamén por parte de particulares. Visitamos tamén Exponav, o Museo de Construcción Naval que se atopa no edificio de Herrerías. […]

Ler máis

Tortu News nº6: A Nosa Ría

Tortu News nº6: A Nosa Ría

Xa podemos ver on line un novo número da revista da nosa biblioteca: Tortu News nº 6 Dende diversas perspectivas contén unha visión conxunta arredor do tema: “A Nosa Ría”. Podedes acceder a todo o seu contido na seguinte ligazón: Tortu News nº 6: A Nosa Ría

Ler máis

Oceanografía en E. Infantil

Esta semana @s peques de Educación Infantil tivemos a sorte de ter con nós a Carlota Rodríguez, oceanógrafa do Centro Oceanográfico de A Coruña. Aprendimos moitas cousas sobre a súa profesión e o fondo mariño. E fixémonos moi conscientes da necesidade de coidar as nosas rías, praias, mares e oceanos. Sempre comprometid@s co medio ambiente. Galería de imaxes

Ler máis

Semana da Prensa

Semana da Prensa

Esta semana 3º e 4º de primaria festexamos no colexio a semana da prensa. Coñecimos as partes dun xornal, os titulares, as noticias e os anuncios. Aproveitando que o martes 8 de marzo foi o “Día da Muller” visualizamos a importancia dela nos distintos ámbitos: na política, no deporte… Galería de imaxes

Ler máis

8M 2022

8M 2022

O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe no patio do noso colexio, todo o alumnado e profesorado do colexio formamos un oito e un eme xigante como símbolo de unión a esta reivindicación e do noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos da muller. Nas aulas tamén se […]

Ler máis

Quinto e Sexto de Primaria por Ferrol.

As nenas e nenos de Quinto e Sexto de Educación Primaria achegámonos o pasado venres, 4 de marzo, a Exponav e fixemos o Roteiro do Modernismo de Rodolfo Ucha pola cidade de Ferrol. Disfrutamos un montón. Podedes ver as fotos no seguinte enlace. Galeria.

Ler máis

O enterro da sardiña

Ola Familias! Deixámosvos a ligazón para poder ver as fotos de todo o que traballamos este mes de febreiro na escola infantil. Tamén podedes ver como nos preparamos para o entroido. Esperamos que vos gusten. Que pasedes un bo fin de semana! 😉 https://drive.google.com/drive/folders/1iPhwSy89HQlFcDopDZCJN7PUkvF3egog?usp=sharing

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad