Os nenos e nenas de 3º A de Primaria quixeron compartir con todos vos esta lectura titulada “Topito Terremoto” de Anna LLenas. Tedes máis información no blog da biblioteca.
Os nenos e nenas de 3º A de Primaria quixeron compartir con todos vos esta lectura titulada “Topito Terremoto” de Anna LLenas. Tedes máis información no blog da biblioteca.
Achégase o Nadal e este ano queremos colaborar facendo unha recollida de xoguetes no centro que serán entregados a unha ONG que se encargará de repartilos. A recollida será o vindeiro venres 18 e aqueles que queiran colaborar poderán traer un único xoguete en bo estado. Lembrade traelo o mesmo venres. Grazas de antemán pola colaboración.
Lembrade que facemos un descanso de 4 días e que voltaremos o mércores con moitas ganas.Unha aperta!
Video creado polo alumnado de primeiro e segundo de Secundaria para o 25N
Grazas a colaboración co Concello o noso centro contará cun espazo de “bica e arrinca”. Esta mellora que facilita a chegada do alumnado ao centro comezará a poder empregarse a partir de maña, mércores 11 de novembro. A partir desta data poderase parar nos dous sentidos da vía, na zona do paso de peóns, para deixar as/os alumn@s sen ter que estacionar os coches.
Aínda que un pouco diferente aos últimos anos neste curso tamén puidemos celebrar no colexio un magosto. Este venres pasado aproveitamos a proximidade do Samaín para facer unha dobre celebración, o magosto que sempre temos por estas datas e o Samaín. Disfraces e castañas mesturáronse nunha xornada festiva na que a distancia física non impediu gozar de tempo e ansias compartidas. Deixamos nas seguintes ligazóns […]
O vindeiro luns 26 de outubro, estarà cortado o tráfico na Avenida Tarrío, diante do centro, entre as 9 e as 14h. O motivo é que se van levar a cabo as obras necesarias para adecuar a vía ao Programa BICA E ARRINCA, así como para a construcción dun paso de cebra elevado.
A ANPA colabora este a no co Banco de Alimentos de Ferrol, polo que anima a doar alimentos e artigos de hixiene persoal na caixa situada na entrada da secretaría do Colexio, xunto aos sofás. Dende o mércores 14 de outubro ata o vindeiro 22 de decembro. Grazas de antemán polas súas contribucións.
Lembramos a toda comunidade educativa, profesorado, familias e alumnado que non serán lectivos para o noso colexio os días: Luns, 12 de outubro Martes, 13 de outubro