Magosto 2020

Aínda que un pouco diferente aos últimos anos neste curso tamén puidemos celebrar no colexio un magosto. Este venres pasado aproveitamos a proximidade do Samaín para facer unha dobre celebración, o magosto que sempre temos por estas datas e o Samaín. Disfraces e castañas mesturáronse nunha xornada festiva na que a distancia física non impediu gozar de tempo e ansias compartidas.

Deixamos nas seguintes ligazóns as fotografías correspondentes a Educación Primaria e o magosto de Infantil.

Quedarán para dentro duns días a publicación das fotos do Samaín en Educación Infantil, xa que se optou por celebrar por separado o magosto e o Samaín.