A Xanela de Fucas entrevista a unha das nosas profesoras

A Xanela de Fucas entrevista a unha das nosas profesoras

A Xanela das Fucas é un programa de radio realizado por mulleres no marco da área de igualdade de Fuco Buxán. Activismo, feminismo e radio. Convidou a Ascensión Bravo, profesora do noso colexio para que nos fale da materia que imparte de igualdade e a importancia da mesma. Falaron dos contidos da mesma relativos a igualdade , educación afectivo-sexual, prevención da violencia de xénero para […]

Ler máis

Fin de curso 2022

Fin de curso 2022

Chegou o verán e con el remata un novo curso escolar. O pasado mércores, 22 de xuño, foi día de despedida. E este ano puidémolo celebrar con festa. Festa nas aulas no último día de escola, festa pola tarde coa participación das familias. Tamén a entrega de orlas en Educación Infantil e para o alumnado do último curso da ESO, que deixan despois de moitos […]

Ler máis

Visita ao Museo do Humor

Visita ao Museo do Humor

Deixamos aquí as imaxes da saída que o alumnado de quinto e sexto de primaria fixeron ao Museo do Humor. Puideron coñecer de primeira man a exposición “Volta á orixe” de Xaquín Marín. Galería de imaxes

Ler máis

Excursión ao Muiño de Pedroso

O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixeron a súa excursión de fin de curso. O lugar elixido foi o Muiño de Pedroso. Puideron elaborar marmelada, coñecer e buscar pegadas de animais, practicar tiro con arco e tiracroios xigante, xogos e sobre todo gozar compartindo tempo e diversión cos compañeiros e compañeiras. Deixamos esta galería de imaxes na que ver como se desenvolveu esta […]

Ler máis

Roteiro pola Ría de Ferrol

Roteiro pola Ría de Ferrol

Galería de imaxes do roteiro pola Ría de Ferrol (14 e 13 de xuño de 2022) Co roteiro pola Ría de Ferrol remataron as actividades enmarcadas no proxecto de centro deste ano: A nosa ría. Ao longo destes meses coñecemos a ría de moitos xeitos, o luns e o martes desta semana puidemos coñecela do mellor xeito, navegando por ela. O punto de partida foi […]

Ler máis

Tortu News nº 7

Tortu News nº 7

Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón. Tortu news número 7

Ler máis

Roteiro pola ría

Roteiro pola ría

Poñemos fin ao noso Proxecto de Centro A Nosa Ría cun Roteiro Marítimo pola Ría de Ferrol. Invitámosvos familias a participar cos vosos fillos e fillas, un acompañante por alumno ou alumna. O roteiro marítimo será os días 13 e 14 de xuño pola tarde, con saída dende o Porto de Ferrol e unha duración aproximada dunha hora. O horario está pendente de confirmar pero […]

Ler máis

Letras Galegas 2022

Letras Galegas 2022

Sendo un día non lectivo o día 17 de maio, o noso colexio decidiu realizar as actividades de celebración do día das Letras Galegas este venres, 20 de maio. Deixamos coma outras veces o acceso ás fotografías da xornada (Galería) e tamén a páxina web do Seminario Galán, onde os máis interesado poderedes ter información e actividades arredor da vida e obra do homenaxeado este […]

Ler máis

Teño talento 2022

Teño talento 2022

Hoxe, venres 20 de maio, celebramos unha nova edición do concurso Teño Talento. O alumnado de quinto e sexto de primaria amosou as máis variadas mostras de talento, poñendo nunha difícil situación ao xurado. Pero aínda que soe a tópico o importante foi participar, gozar, descubrir e ata asombrarnos coas cualidades dos participantes. Quedan nesta galería as imaxes para a lembranza deste fabuloso concurso.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad