Fin de curso 2022

Chegou o verán e con el remata un novo curso escolar. O pasado mércores, 22 de xuño, foi día de despedida. E este ano puidémolo celebrar con festa. Festa nas aulas no último día de escola, festa pola tarde coa participación das familias. Tamén a entrega de orlas en Educación Infantil e para o alumnado do último curso da ESO, que deixan despois de moitos anos o noso colexio para iniciar unha nova etapa.
Deixamos como facemos sempre as imaxes que recollen os momentos máis emotivos deste día:
Galería de imaxes da entrega de orlas en Educación Infantil
Galería de imaxes da despedida de curso nas aulas
Galería de imaxes da Escola Infantil