Aberta a inscrición na ANPA do Colexio Jorge Juan

Aberta a inscrición na ANPA do Colexio Jorge Juan

Está aberto o período de inscrición á Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Jorge Juan.

O noso centro valora moito o labor que desempeña a ANPA en moitos ámbitos da vida escolar e a importancia que ten na colaboración entre as familias e o colexio, polo que animamos ás familias a inscribirse e participar activamente nela.

Dende a directiva da ANPA lembran a importancia da devandita asociación máis alá das actividades extraescolares, pois a ANPA organiza e colabora no colexio en distintas actividades ao longo do curso (Magosto, Nadal, actividades extraescolares, excursións, etc…). Ademáis durante o presente curso irémosvos informando de talleres e actividades puntuais que dende a asociación se vaian propoñendo.

Tedes toda a información sobre actividades e inscripción facendo clic nesta ligazón