“¡¡Deixámosvos as obras de arte xa rematadas!! Ide pensando en cal vos gustaría levar e canto pagariades por elas. Todo o esforzo e colaboración é por unha boa causa. Animádevos a participar.” Galería de Cadros.
As obras de arte dos nosos nenos e nenas que prepararon con entusiasmo e esforzo, xa están rematadas e listas para que puxedes por elas. O prezo de saída será 5€, pero… ¡¡¡ESTE ANO!!! podedes comezar a facer as vosas puxas dende a apertura do Mercadillo, para posteriormente na subasta pública partir do prezo máximo establecido polos compradores, que terán tamén a ocasión de rebatir […]
Hoxe tocou visitar o Parque Warner onde o grupo desfrutou da adrenalina das atraccións e da espectacularidade dos shows que ofrece. Mañá é o día de volta, máis aínda terán tempo a parar en Ávila para facer unha visita monumental e xantar. Galería de Imaxes.
Aínda que onte non tivemos noticias dos rapaces e rapazas de 4º da ESO, isto non quixo dicir que non fixeron nada, todo o contrario. A pesar do calor, foron capaces de visitar o zoo e dar un paseo polo centro da capital. Hoxe, achegáronse ata Toledo, a ben chamada cidade das tres culturas, realizando unha visita cultural polas súas rúas. Despois remataron de novo […]
Os alumnos de 4º da ESO recibiron a visita de Alain Sánchez para presentarlles as distintas utilidades que teñen os drones. Un aparato que inicialemente foi creado para cuestións militares evolucionou para chegar a ter múltiples utilidades, entre as que destacan convertirse nun medio de entretemento , transporte, seguridade, aplicacións científicas ou tamén unha vertente didáctica, colaborando coa Fundación Ingada, centrada en abordar o TDAH. Sen dúbida un […]
Os rapaces e rapazas de 4º da ESO saíron esta mañá con destino a Madrid, onde ao longo da semana disfrutarán da súa viaxe de fin de curso. Hoxe, de camiño ao seu destino, aproveitaron para visitar a cidade de Segovia, aínda que a temperatura elevada fixo que o camiño se fixera un pouco máis pesado o obxectivo final está cumprido, chegar a Madrid. Galería […]
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria achegáronse hoxe, 8 de maio, ata o Concello; onde foron recibidos polo noso alcalde para coñecer as instalacións municipais e os servizos que alí ofrecen aos cidadáns. Ademais aproveitaron para coñecer as instalacións da radio municipal “Radio Fene”. Galería de Imaxes.