Celebracióin do Día dos Dereitos dos Nenos.

Esta semana no cole, todos os alumnos e alumnas, dende Educación Infantil ata Primaria, fixemos un hoco para recordar a importancia de todo o que temos e coñecer os nosos dereitos como nen@s. Cris, unha das nosas mestras de música, estivo en Uganda- África seis meses traballando de mestra e amosounos de primeira man a súa expereincia coas condicións nas que os ne@s que alí […]

Ler máis

Andaina 4º ESO.

O pasado martes, día 21 de novembro, os rapaces e rapazas de 4º da ESO, realizaron unha camiñata saíndo de Fene pasando por Neda, Xubía, Mosteiro do Couto e volta para o colexio. Está actividade está enmarcada no programa de fomento de hábitos saúdable do noso colexio.

Ler máis

As Algas e os Fungos. Primeiro de ESO.

Saprofitos, parasitos, Micelios, esporas, Algas verdes, pardas, vermellas, Cantas cousas novas. Os rapaces de primeiro Coas súas mans cousas fixeron: Moitas setas, secaron algas E algo creemos que aprenderon. Todos xuntos traballamos E algún berro houbo tamén Pero os rapaces estiveron contentos E todo saíu moi ben. Galería de Imaxes. Moitas felicidades polo traballo feito aos primeiros da ESO.

Ler máis

6º E. Primaria visita o Museo do Humor.

O pasado venres, día 17 de novembro, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron o Museo do Humor de Fene. Ao longo da mañá foron pasando polas distintas salas do museo e disfrutando das distintas viñetas humorísticas. Para rematar realizaron un taller sobre caricaturas. Unha vista moi divertida moi preto do noso colexio. Galería de Imaxes.

Ler máis

Charla sobre a figura de Jorge Juan. 50 Aniversario

No día de hoxe, e encadrada dentro dos actos de conmemoración do noso 50 Aniversario, disfrutamos dunha conferencia sobre a figura de Jorge Juan y Santacilia, o que foi un humanista, inxeniero naval e científica español e cuxo nome leva o noso colexio. Dita conferencia foi impartida polo Capitán de Navío Bartolomé Cánovas Sánchez, Comandante Director do Museo Naval Militar de Ferrol que nos deleitou […]

Ler máis

Camiño Inglés e Contorno.

O pasado mécores, 15 de novembro, os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Educación Primaria, realizaron unha marcha de sendeirismo polo noso contorno, saímos do colexio para comezar a ruta por unha parte do Camiño Inglés, ata chegar ata Laraxe, despois collimos sendeiros entre fragas que nos dirixiron ata o Marco de San Lourenzo, onde fixemos unha pequena parada para coñecer os […]

Ler máis

Canto lixo podemos xuntar no Colexio durante 10 días? 0% Plástico.

Esta é a pregunta á que queremos respostar co proxecto “0% plástico no colexio”. A maior parte dos residuos que xeramos no centro son os plásticos que proveñen das nosas merendas xa que, case todos os produtos que consumimos para merendar veñen envoltos en plástico. Estamos a facer unha análise sobre qué cantidade deste tipo de residuos xeramos no centro co obxectivo de concienciar a […]

Ler máis

Axuda Investimento Escola Infantil.

Informamos que á  Escola Innfantil Jorge Juan se lle concedeu unha axuda de Investimento da Consellería de Política Social, coa que se realizará un pintado da aula de 2-3 anos e a colocación de tarima no chan da aula de 1-2 anos.

Ler máis

Visita ao Teatro de 1º e 2º Educación Primaria.

  O pasado mércores, día 8 de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, visitaron o Pazo da Cultura de Narón, para disfrutar da obra teatral “Lúa”. Dita obra trata sobre unha nena chamada Lúa que baixa das estrelas para ollar o estilo de vida que levamos na Terra. Asustada polo que aquí acontece volve ás estrelas e dende alí […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad