Canto lixo podemos xuntar no Colexio durante 10 días? 0% Plástico.

Esta é a pregunta á que queremos respostar co proxecto “0% plástico no colexio”. A maior parte dos residuos que xeramos no centro son os plásticos que proveñen das nosas merendas xa que, case todos os produtos que consumimos para merendar veñen envoltos en plástico. Estamos a facer unha análise sobre qué cantidade deste tipo de residuos xeramos no centro co obxectivo de concienciar a toda a comunidade educativa e erradicar este problema do colexio. A finalidade? Non seguir a contribuír coa incontrolable produción de plásticos que, como todos sabemos, son extremadamente perigosos e dañinos con noso entorno máis próximo e co medio ambiente en xeral. Temos que conseguilo!!