Camiño Inglés e Contorno.

O pasado mécores, 15 de novembro, os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Educación Primaria, realizaron unha marcha de sendeirismo polo noso contorno, saímos do colexio para comezar a ruta por unha parte do Camiño Inglés, ata chegar ata Laraxe, despois collimos sendeiros entre fragas que nos dirixiron ata o Marco de San Lourenzo, onde fixemos unha pequena parada para coñecer os seus orixes e tradicións. A continuación continuamos cara Limodre, onde no parque da “Hortiña” recuperamos forzas coa merenda e disfrutamos de tempo libre. Como o tempo se nos viña encima, continuamos a marcha cara a zona alta de Barallobre, e baixamos cara o colexio polo Pinares. Foi unha mañá de actividade e disfrute da natureza.

Galería de Imaxes.